Quenes somos

Centro Cultural “A Ponte Vella” nace no ano 1986 por iniciativa dunha serie de veciños que motivados polo afer cultural das xentes do Concello que deciden constituirse como foco de cultura e saber popular, dando así a coñecer as raíces e o folclore do noso pobo mediante a formación do grupo de baile, “A Ponte Vella”, que dende entón ven realizando diferentes actuacións e mostras do noso folclore por todo o territorio galego, parte de España e os veciños Portugal e Francia. 

No seu curriculum, destaca a participación no Festival Interceltique de Lorient (Francia) nos anos 2005, 2012 e 2023 ; As Xornadas de Folclore Galego en Santiago de Compostela nos anos 2002, 2004, 2006, 2008, 2009, 2012 e 2017; decenas de premios acadados en diferentes certames de baile e música tradicional nos últimos anos, grazas á gran labor que realiza o grupo coa escola, na que actualmente hai arredor duns 60 nenos e nenas. 

O Centro Cultural “A Ponte Vella” pertence á parroquia de San Cristovo de Reis, ubicada no Concello Coruñés de Teo. Actualmente está presidida por Manuel Souto Fuentes e coa colaboración de Elena Souto Penas como Vicepresidenta. 

Como directores de baile están ó cargo Javier Sanmartín López e Belen Tojo Parrado. No apartado musical, atopamos a Andrea Gesteira como directora de pandeireta, e a Alberto Barreiro Docampo (Warren) como director de música e percusión. Ademáis, contamos con Iago Castro, Martín Carbia e Martina Edreira como colaboradores da escola de baile da Ponte Vella. 
Share by: